Burundi é o terceiro país máis pobre do mundo. Tamén aquí, nos anos 90 houbo conflitos étnicos que provocaron tensións e guerras (como en Ruanda) que obrigaron a milleiros de persoas a abandonar as súas casas e buscar refuxio nos países veciños.
Tanzania, pola contra, é un país moi estable a nivel político e social. Historicamente tivo moita relevancia como destino migratorio, acollendo a persoas desprazadas especialmente de Burundi e o Congo.
Máis información sobre ambos os dous países e a realidade migratoria da rexión con Ousmane N’Gaide (director do JRS Burundi) e Álvaro Valpuesta (VOLPA en Tanzania). Octavio Romano, técnico de cooperación internacional de ALBOAN, presenta o episodio.
Tamén podes escoitarnos en Spotify e Ivoox
Imaxe de portada: JRS
Canción de entrada: Salomé – Diamond Platnumz